Skip to Content

Sobre min

Son enxeñeiro civil con máis de 10 anos de experiencia laboral no desenvolvemento de proxectos de edificación de alta eficiencia enerxética. Considérome unhna persoa comprometida e orientada ao traballo colaborativo, xa que estou convencido de que as mellores solucións xorden cando se unen ideas e talentos.


Son Enxeñeiro Civil con especialidade en deseño enerxético pola VIA University College de Horsens (Dinamarca) e Arquitecto Técnico por la EUAT da Universidade da Coruña. O meu entusiasmo pola sostenibilidade e a eficiencia enerxética leváronme a especializarme no estándar Passivhaus, un modelo que representa o equilibrio perfecto entre innovación, confort e respecto polo medioambiente. Creo firmemente que o deseño eficiente e responsable non só mellora a calidade de vida das persoas, senón que tamén contribúe a un futuro máis sostenible.

A miña historia


O meu percorrido profesional e as miñas atribucións foron medrando en paralelo coa formación que fun desenvolvendo nestes últimos 10 anos. Traballei no estudo Energiehaus Arquitectos de Barcelona, onde me formei como deseñador Passivhaus no ano 2014 e, no ano 2016, conseguín a acreditación de certificador Passivhaus acreditado polo Passivhaus Institut. Actualmente, son unha das seis entidades acreditadas `polo PHI en España e o único situado en Galicia.

Como certificador de edificios Passivhaus, participei no desenvolvemento de máis de 100 proxectos de todas as tipoloxías: residencial unifamiliar, residencial plurifamiliar, edificios terciarios de uso dotacional para oficinas, centros de saúde, etc. Son experto en simulación enerxética coa ferramenta PHPP e experto no cálculo de pontes térmicas, así como asesor acreditado de certificación de compoñentes Passivhaus.

Durante estes anos cursei o máster de experto en instalacións de climatización de ATECYR e o posgrao de simulación enerxética de edificios da Universidade de Barcelona co obxectivo de completar os meus coñecementos no campo das instalacións e da simulación enerxética termodinámica.

Durante os últimos 8 anos fun profesor dos cursos de especialización para arquitectos e enxeñeiros como deseñadores Passivhaus. Actualmente, xunto coas miñas compañeiras, as arquitectas Marta Trigás e Victoria Merchán, creei a plataforma de formación Zerocoma para profesionais que queiran especializarse no campo do deseño de edificios de consumo case nulo baixo o estándar Passivhaus.

Retomei a miña conexión con Galicia, despois de 10 anos de diáspora, cando decidín volver no ano 2020. Desde o ano 2022 exerzo a miña actividade na Coruña como profesional independente con maior vinculación en proxectos en Galicia, pero desenvolvendo a miña actividade en toda España e Latinoamérica.

Actualmente, estou a piques de rematar o Máster Universitario de Edificación Sustentable da UDC.

Son vogal do comité técnico na xunta da Plataforma de Edificación Passivhaus (PEP). A través do PEP, participei nas xornadas do Ministerio de Vivenda y Axenda Urbana para o desenvolvemento de novos documentos de sustentabilidade do CTE e participo como docente no Máster Universitario de Edificación Sustentable da UDC.